martes, 18 de octubre de 2011

Otero Pedrayo, historiador


É difícil encontrar un exemplo máis claro de erudición entre os intelectuais galegos de todolos tempos como Otero Pedrayo. Non me estranaría que Meijide Pardo, por citar a un dos mellores coñecedores do século XVIII galego, tivese recurrido en numerosas ocasións ós coñecementos de Pedrayo. Sen ser un historiador sistemático, manexou unha masa documental de tal calibre que é difícil imaxinar outro caso parecido. Tamén tivo unha grande intuición, pois moitas das súas hipótesis téñense confirmado posteriormente por outros historiadores. É un exemplo de figalgo ilustrado, "rara avis" en Galicia, e o seu legado é verdadeiramente monumental.
Sobre as mitras galegas, sobre conflitos sociais, sobre as cátedras de latinidade en Ourense, sobre a actividade corsaria en Baiona, o comercio galego no século XVIII, estudos sobre a parroquia en Galicia, sobre as aldeas e a psicoloxía das súas xentes, sobre a economía censuaria en Galicia, sobre as figuras de Feijoo e Sarmiento, sobre a agricultura galega no século XVIII, particularmente o cultivo do centeo, trigo, millo e outros produtos, sobre a fame en Galicia, a comarca da Limia e as Xunqueiras de Betanzos, sobre a industria do liño, a fábrica de Sargadelos, sobre a xeografía de Galicia, particularmente descriptiva; casi nada escapou o interés de Otero Pedrayo, verdadeiro mestre de historiadores -sempre cun estilo e métodos particulares, que escapan do que se ten por ortodoxo- a súa longa vida aínda contribuíu máis a que deixara unha obra realmente importante.
A fotografía que sigue é a do seu pazo, no oeste da provincia de Ourense, donde Pedrayo recibiu a moitos amigos e intelectuais, entregouse ás lecturas e "conspirou" para unha Galicia conservadora e nacionalista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario