viernes, 9 de diciembre de 2011

Por terra de Trives

 (Ponte romana sobre o río Bibei)

O gran macizo da serra de Queixa, que se orienta hacia o nordés, xunto o Fial das Corzas (hacia o sur) e a serra de San Mamede (hacia oeste) condiciona o resto da natureza e da obra humana. Os ríos distribúense por entre os seus vales (Navea, afluente do Bibei), o Camba, o Mao, o Támega e outros menores como o Cerveira, Cenza, Edreira e Queixa. Pero tamén as estradas teñen que acomodarse á presenza da mole granítica de Queixa: Verín polo sur, Viana do Bolo polo Este, Puebla de Trives polo norte e, xa en terra cha, Baños de Molgas polo oeste.

Unha vexetación variada de castiñeiros e carballos, prados naturais e matoxos, cumbres peladas pola erosión, que contrasta cos vales encaixados por donde se fixeron encoros que, lonxe de afear a paisaxe, dan a estas terras un aspecto en parte asulagado. Agás a grande mole que se ergue asimétricamente, pois mentres que a conxunción das tres serras principais supera en pouco os 1.700 metros de altitude, a Cabeza de Manzaneda, o nordés, érguese ata os 1.778. O clima está continentalizado pero con influencias atlánticas e mesmo mediterráneas durante o verán. As paisaxes misturan o verdor coa escaseza de vexetación, segundo a orientación das pendentes. En ocasións encontramos viñedos cultivados en socalcos. (Arriba, Casa do Comediante).

Non lonxe, nunha época de forte relixiosidade popular e poder eclesiástico, está o santuario das Ermidas, entre Viana e Larouco, coa súa barroca e retorcida fachada da primeira metade do século XVIII. O santuario, un complexo de edificios entre os que destaca a igrexa, semella estár pendurado na ladeira do relevo. Fantasmal escenario con ocasión das brétemas; fermoso verdecer no verán, soedade sempre, agás cando os devotos celebran a festa que xa non conta coa estoupa do Xudas. Un cruceiro cos seus motivos escatolóxicos e unha forte pendente que asombra o visitante. (Abaixo, río Bibei).

Pero tamén temos exemplos da arquitectura civil nos pazos que se espallan por estas terras, como é a Casa do Comediante, sobria, cos seus perpiaños ben labrados; e a ponte sobre o Bibei que soportou a intemperie e os séculos desde a época romana.

Unha terra para camiñantes, para os que non teñen presa, para os que queren estar sós ou os que aman a natureza; unha terra illada e próxima o tempo, porque goza da singularidade de que se pode chegar e sentir, no destino, estar no fin do mundo.

(Río Navea, afuente do Bibei)

(A serra de Queixa)

(Manzaneda, o cumio de Galicia)

 (O santuario das Ermidas, á dereita)

No hay comentarios:

Publicar un comentario